O pasado martes 11 de decembro 3º e 4º de Primaria fomos de visita ao Museo de Pontevedra.
No autobús non paramos de cantar. Cando chegamos deixamos as mochilas e os abrigos nunha cesta grande e cada clase foi para a súa parte da visita. Nós tivemos un guía chamado Luís que nos levou pola sección da Prehistoria e dos inicios da Historia no edificio Sarmiento. Falounos das normas de comportamento durante a visita e pasamos do 6º edificio ao Sarmiento por unha pasarela cuberta. Empezou poñéndonos un vídeo do Paleolítico á Idade dos Metais. Despois mostrounos o tesouro de Caldas, falounos dos homínidos, vimos e tocamos armas, puxemos torques para ser coma guerreiros e guerreiras, vimos dous esqueletos da Idade Antiga, a espada gladios dos romanos, ... Non seguimos porque escribirIamos moito.
Ao acabar a visita fomos dando un paseo ata a Praza da Ferrería para merendar e xogar. De camiño pasamos pola Praza da Leña onde están os dous edificios nos que empezou o museo e agora están reformando.
Pasámolo moi ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios