Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

20 de maio de 2026

Descubrindo tesouros

Hoxe tivemos o pracer de contar cunha nai que nos leu un libro moi bonito. 

Aprendemos moitos tesouros importantes que están agochados nas persoas: a empatía, o cuidado dos demais, protexer a natureza, a alegría... estes só son algúns exemplos.

Todos e cada un de nós ten un súper tesouro. 

Que importante é coñecernos e valorar o que podemos aportar aos demais!








15 de abr. de 2026

As familias contan


Continuamos coas lecturas en familia:

En cuarto tivemos a visita de Martina que nos contou varios contos "de narices" do libro Contos por Teléfono do coñecido Gianni Rodari.

Despois rematamos a actividade sendo detectives e resolvendo o misterio dun dos contos do libro "Cuentos de Edgar Allan Poe".

Moitas grazas Martina por compartir o teu tempo con nós.

8 de abr. de 2026

Una casa monstruosa

Seguimos coas lecturas en familia:

Hoxe puidemos gozar dunha lectura tenebrosa. Coñecemos diferentes vivendas moi especiais como a casa do diaño, as tumbas e os inglús.

Moitas grazas Bea por compartir este libro con nós.





25 de mar. de 2026

Te quiero tanto

Comezamos coas lecturas en familia:

Hoxe aprendemos a importancia da constancia e do esforzo grazas ao conto que nos relatou María.

Moitas grazas por compartir este bonito libro con nós!




23 de abr. de 2025

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





5 de nov. de 2023

Contacontos na biblio

Este xoves o alumnado de 3º e 4º de primaria gozou na biblio dun conto de medo titulado: "O medo de Mo". 
A súa contacontos foi Ana Belén e pasárono moi ben escoitando e falando dos medos que podemos ter en algúns momentos.

 

14 de xuño de 2023

Amigas e amigos lectores en 3º

Esta mañá gozamos de novo da lectura coa clase dos golfiños. 
Foi un pracer compartir estes momentos durante o curso.
Pasámolo xenial e seguro que repetiremos!
 

22 de mar. de 2023

Amigos lectores en 3ºP

Unha vez máis o alumnado de 4ºI e 5ºI compartiu lecturas na biblioteca co alumnado de 3ºP, actividade que gusta por igual aos pequenos e aos maiores. Gústannos moito estas xuntanzas lectoras!!!

25 de xan. de 2023

Amigos e amigas lectores en 4º de primaria

Os amigos e amigas lectoras compartiron unha nova xornada. Nas imaxes poden verse as caras de satisfacción coas lecturas compartidas.
Todas e todos gañan, o que escoita, a que conta, os afectos e a lectura.
O curso de cuarto e o curso de 6º de Infantil mantiveron unha sesión de lectura compartida na biblioteca.

24 de xan. de 2023

Amigos e amigas lectores en 3º

Esta semana xuntámonos de novo na biblioteca coas nenas e nenos de 4º e 5º de infantil para gozar da lectura. Como veredes nas imaxes pasárono xenial!






 

12 de feb. de 2020

COMPARTINDO LECTURAS

OS LEOPARDOS E OS NENOS E NENAS DE 3º DE PRIMARIA COMPARTIMOS LECTURAS HOXE NA HORA DE LER NA BIBLIOTECA, GOZANDO COS CONTOS E COA  COMPAÑÍA.
UN CURSO MÁIS DISFRUTAMOS DESTA ACTIVIDADE, APADRIÑAMENTO LECTOR, PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA.






11 de xuño de 2019

4º de contacontos

Esta semana a clase de 4º foi contar un conto ao colexio de infantil de O Con. Preparamos o libro titulado "O rato e os ventos" escrito e ilustrado por Arnold Lobel. O curso de 3º de 2010-2011 debuxou as súas páxinas para poder contalo coa técnica do contacontos xaponés kamishibai. Consiste nun pequeno teatriño cun raíl por detrás polo que van pasando as ilustracións mentres se vai contando cada parte da historia.
Pensamos que nos saíu moi ben porque o tiñamos bastante preparado xa do curso pasado.









10 de xuño de 2019

Contacontos en 4º

Lorea, Mateo Barcia, Adrián López e Ana foron lerlles un conto aos cursos de 1º e 2º porque os seus irmáns están alí. 
Os catro coinciden en que pensan que leron e entoaron bastante ben. Ao principio o público empezou cun pouco de ruído; pero, pouco a pouco foron capaces de atraer a súa atención e acabaron moi metidos na lectura cos novos contadores de historias.
Din que foi unha experiencia moi divertida.
Os contos foron:
"La vaca que leía libros" de adelia Carvalho
"Ñac ñac" de Emma Yarlett
"La otra historia de los tres cerditos" de Jon Scienzka 
"El día que los crayones renunciaron" de Drew Daywalt e Oliver Jeffers

Temos fotos.










OBRADOIRO DE FROITA


Na semana da froita as nenas e nenos de 4º xuntáronse coas súas afilladas e  afillados lectores de 5º de infantil para facer un delicioso zume de laranxa e amorodo e, despois de saborealo, compartiron uns momentos de lectura igualmente deliciosos.




20 de dec. de 2018

4º e as súas afilladas e afillados lectores

Despois de  coñecernos no Día das Bibliotecas escolares, xuntámonos cos nenos e nenas de 5º de infantil para escoller  os nosos afillados ou afilladas .Estivemos lendo xuntos na biblioteca e tamén lles contamos contos.

24 de maio de 2018

A cebra Camila en Kamishibai

O grupo de 4º curso preparou unha sesión de contacontos cunha adaptación do conto de Marisa Núñez A cebra Camila.
Empregaron a técnica do Kamishibai e tiveron de espectadores aos nenas e nenas da Escola Infantil de O Con. Alá foron de excursión e así de ben o fixeron:

7 de maio de 2018

Conta que che conto

Os nenos e nenas de 3º contaron ao alumnado de Infantil e de  1º e 2º de Primaria unha fermosa historia de Arnold Lobel do libro "CONTOS DE RATIÑOS: O RATO E OS VENTOS". Utilizaron o teatriño xaponés para contar contos chamado  KAMISHIBAI.
ENCANTOUNOS.
 MOITAS GRAZAS E PARABÉNS AO ALUMNADO DE 3º!!!

 

4 de feb. de 2017

Contacontos na biblioteca

Unha semana máis os nenos e nenas de 3º puidemos disfrutar na biblioteca de dous fermosos contos. Aldara escolleu "A casa do sono" e Iago "El coche eléctrico de Nico".Fixéstelo moi ben!

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas