Amosando publicacións coa etiqueta Educación emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación emocional. Amosar todas as publicacións

11 de maio de 2026

Taller de educación emocional

 Estas últimas semanas temos, na clase de terceiro, unha actividade moi especial: un taller de educación emocional.

Nel estamos aprendendo moitas cousas como por exemplo a identificar como actuamos ante un conflito, como debemos falar e dar a nosa opinión sen ofender a ninguén...

Aquí deixámovos algunhas das actividades que fixemos.













4 de dec. de 2025

3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

 No cole, traballamos o Día da Diversidade. O departamento de orientación preparou unha exposición que amosa a realidade para unha persoa con discapacidade cando escoita frases que consideramos "normais" dicir.

Nos cursos de infantil e algúns de primaria, prepararon unha ficha na que cada persoa escribía sobre os seus gustos e logo fixeron un intercambio de puntos de vista sobre o diferentes e diversos que somos.

O que nos quedou claro é que non hai dúas persoas iguais, todos somos diferentes e non por iso somos mellores nin peores.








17 de feb. de 2023

Kamishibai en AFAMO

 

No día da Paz quixemos acordarnos daquelas persoas que asisten cada día aos centros de día e levarlles unha actividade especial. En AFAMO recibíronnos con moita alegría e nós esforzámosnos moito para que desfrutaran un ratiño co noso conto.

 Martina, a directora do centro explicounos que actividades facían e como funcionaban estes centros de día. Tamén nos explicou que actividades eran beneficiosas para as persoas afectadas de Alzeimer e mesmo para os que non estaban afectados. Gustounos moito compartir esta xornada con todos eles e elas.

 

Kamishibai en Apreixo

 

 Polo día da Paz decidimos no cole visitar os centros de día de Moaña e compartir cos seus asistentes algunha actividade.

Desta volta visitamos o centro de día APREIXO. Alí recibíronnos moi contentos os asistentes, compartimos unha actividade plástica con eles e elas facendo unha pomba da Paz. Despois contámoslle o conto  O Coelliño Branco

Gustounos moito compartir con eles e agradecemos a calurosa benvida a todos os/as asistentes e ao persoal responsable.

Kamishibai de 4º de Primaria en Apreixo

 Polo día da Paz decidimos no cole visitar os centros de día de Moaña e compartir cos seus asistentes algunha actividade.

Desta volta visitamos o centro de día APREIXO. Alí recibíronnos moi contentos os asistentes, compartimos unha actividade plástica con eles e elas facendo unha pomba da Paz. Despois contámoslle o conto  O Coelliño Branco

Gustounos moito compartir con eles e agradecemos a calurosa benvida a todos os/as asistentes e ao persoal responsable. 


14 de feb. de 2023

Kamishibai 4º primaria en AFAMO

No día da Paz quixemos acordarnos daquelas persoas que asisten cada día aos centros de día e levarlles unha actividade especial. En AFAMO recibíronnos con moita alegría e nós esforzámosnos moito para que desfrutaran un ratiño co noso conto.

 Martina, a directora do centro explicounos que actividades facían e como funcionaban estes centros de día. Tamén nos explicou que actividades eran beneficiosas para as persoas afectadas de Alzeimer e mesmo para os que non estaban afectados. Gustounos moito compartir esta xornada con todos eles e elas.

 


16 de dec. de 2022

Xornada de Sensibilización DOWN

  O pasado martes recibimos na escola aos representantes de  Xuntos, que traballa para a integración desde a Asociación DOWN de Pontevedra. Nesta xornada de sensibilización participamos nunha sesión de obradoiros e nunha charla moi didáctica . 

Poidemos comprobar en nós mesmos o difícil que resultan algunhas actividades  que para nós son cotidianas.

 Gustáronnos moito!

Moitas grazas Xuntos!





16 de xuño de 2020

Actividades 3º

Bos días clase! Hoxe tócame escribir a última mensaxe deste curso. Non haberá máis propostas de actividades pola miña parte para este curso. Chegou o final e quero dicirvos que me sinto moi orgullosa de vós polo ben que levastes o confinamento e o ben que respondestes a todas as propostas do colexio.
Parabéns!!!
Vémonos o curso que vén.
Un bico moi grande para todas e todos.
P. D.: Estade atentas e atentos ao blog o venres 19. Non vos esquezades de entrar.

12 de xuño de 2020

Matemáticas en 3º

Bos días clase! Hoxe é  venres e  debería comezar por poñer exercicios; pero, a semana pasada puxen o dobre para que tiverades tempo para facelos co libro e, polo tanto, esta nota é para avisar de que hoxe non poñerei máis exercicios de matemáticas. Gozade da fin de semana.
Ata a semana que vén!!

9 de xuño de 2020

Sociais en 3º

Esta semana traballaremos sobre a escola. Podedes revisar o libro nas páxinas 70 e 71 ou tamén consultar en internet.
En 1º lugar pensade o que é para vós a escola e o que se di que é. A continuación explicádeo na libreta.
Despois pensade na convivencia na escola e na necesidade de ter normas de convivencia. Falamos delas ao principio de curso e temos un cartel na aula que nolas recorda. Agora ídevos  lembrar delas e elaborar outro cartel con 5 normas de convivencia que  consideredes necesarias.
Por último, pensaremos na comunidade escolar e o que representa. Escriberedes os membros que forman a comunidade escolar. 
Mandade foto.
Un saúdo

27 de abr. de 2020

Outros traballos de 3º

Esta vez os traballos son de Mar porque mandou varios collages con actividades diferentes.




Traballos de 3º

Ola a todas e a todos! Ao correo de terceiro chegan os vosos  traballos de manualidades e gustaríame mostrar algúns deles. Gracias por todo o que facedes.

Ainara

Brais Malvido



 Diogo

Pedro


 Rafa

18 de dec. de 2019

Contacontos "Rosa Caramelo" en 3º


Na clase de 3º estamos aprendendo a ter en conta aos demais non só o 25 de novembro e do que se recorda: non á violencia machista.
Preparamos un conto titulado "Rosa Caramelo" co contacontos kamishibai de orixe xaponés. Contámolo ás clases de 6º de Infantil, 1º e 2º.
Dá igual como sexas, todos te deberían querer igual.
Se todas e todos foramos iguais sería aburrido. 
Vivamos coa diferencia.




24 de maio de 2019

AS FAMILIAS CONTAN


 Escoitar contos é sempre un momento de lecer, pero se  veñen as nosas familias a contárnolos, entón o gozo é moito maior.
Na clase tivemos a sorte de recibir a visita das nosas nais.

 

   Na súa historia "Don Pol e o pequeno Pin", Noe falounos de como, cun pouco de intelixencia e picardía, podemos transformar as nosas debilidades en fortalezas. As situacións difíciles podemos sortealas se as sabemos afrontar.
  Loli contounos un clásico marabilloso, "O mago de Oz",onde se narra a fantástica viaxe das súas personaxes en busca daquilo que pensan que lles falta, sen decatarse de que o tiñan dende un principio.
 Gracias por vir e compartir con nós uns momentos tan agradables.

 







25 de out. de 2018

3º e o Día das bibliotecas escolares


Onte, no colexio celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares".
Compartimos a biblioteca cos nenos e nenas de 4º de Ed. Inf. e desfrutamos escoitando poesía.
Nós, a clase de 3º, recitamos o poema "Monicreque" de Santiago Freire.
Eles recitáronos o poema "Da Lúa e do Sol" de Antonio García Teijeiro.
A partir de agora, e ao longo do curso, visitarémolos con frecuencia para contarlles contos.






21 de dec. de 2017

GOALBALL NA AULA DE 4º DE PRIMARIA

Estas últimas sesións de Educación Física na aula de 4º de primaria estiveron dedicadas a traballar un pouquiño sobre a percepción da realidade, do entorno, dos obxectos, dos demáis... que teñen as persoas con discapacidade visual. Para iso, xogamos ao goalball. Tapamos os ollos con chaquetas ou gafas recheas para que nos impedisen ver e, o resultado foi moi bo.
Aprendemos moito!!!
Aquí deixmos un resumo...


22 de xuño de 2017

A gran sopresa. os nosos afillados!!!

Onte os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria tivemos a visita inesperada dos nosos afillados. Elas, as representantes da protectora nos explicaron todo, como por exemplo o importante que é adoptar. 

Presentáronse e dixeron como se chamaban: Marga e Luísa. Amosáronnos unha presentación de diapositivas que por certo tiña moita información e que trataba de…saber educar aos cans, e o importante que é adoptar e non comprar, e tamén nos ensinaron un vídeo do seu día a día.E finalmente deixáronnos agarimar aos cans.

 A min encantoume a experiencia.

 Moitas grazas Marga e Luísa.


Autora: Sarah, 4º de Primaria


10 de maio de 2017

IOGA

Na clase de valores, estamos a facer ioga. Falamos dos principios do ioga e contamos contos que tratan de cada un deles. Despois facemos as asanas. Aprendemos xuntos e pouquiño a pouco. Ao final, facemos unha pequena relaxación ou traballamos con visualizacións. 
A finalidade do noso traballo non é facer as posturas perfectas. NecesitarIamos unha profe especializada en ioga! O que queremos é aprender a sentirnos, a usar a respiración para relaxarnos e a respeCtar e coidar o noso corpo.







Traballamos dobre... Movemos todas as mesas para facer sitio! Pero  facémolo tranquilamente, con ledicia e con moito gusto


Hoxe... Masaxe!


Na clase de valores de 3º, hoxe tocou masaxe. Disfrutamos moito e relaxámonos. Turnámonos para dar masaxe e recibir tamén, aínda que algúns elixen só ser masaxistas e outros só relaxarse recibindo a masaxe 





18 de abr. de 2017

Pinto e Pistacho

Porque queremos educar nenos e nenas responsables e respetuosos coa natureza e os animais, o cole de Quintela, en nome do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadriña a dous canciños acollidos na Protectora de animais do Morrazo.
Esta semana o alumnado coñeceu as súas historias, e dende agora o alumnado  de 3º e 4º apadriña a Pistacho e o alumnado de 5º e 6º apadriña a Pinto.


 As súas obrigacións son preocuparse por eles e de vez en cando atopar un momento para ir visitalos e darlles cariño.
 Papás e mamás, contamos con vós para conseguir os nosos obxectivos!






QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas