29 de out. de 2020

4º visita San Martiño

 O pasado xoves, 15 de outubro, a clase de 4º subimos andando desde o cole ata a igrexa de San Martiño. Xa buscaramos información sobre ela en internet. Sabiamos  que era unha igrexa construída en estilo románico e que había unha inscripción en latín na porta lateral dereita. Cando estabamos a punto de vela achegouse a nós un señor que dixo que el traducira a frase e que se queriamos nos podía falar da inscrición e de como fixera para traducila. Contounos que  se chamaba José Benito Rodríguez Parada, que era profesor de latín xubilado e que lle gustaba facer estes traballos de investigación. André Comesaña xa nos dixera o que dicía  e comprobámolo da man do seu tradutor.

Dámoslle as grazas pola amabilidade que tivo con nós.

A inscrición di: 

Esta igrexa foi mandada construir o domingo 7 de 1197  para min e para todas as familias .


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas