3 de xuño de 2020

MÚSICA 3º e 4º

Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.
-Comecemos facendo estes crebacabezas para así descubrir que dous instrumentos musicais se esconden. Dentro do xogo, na parte esquerda abaixo, tedes dúas frechas, dádelle a elas para reiniciar o xogo.

-Agora seguimos co xogo do aforcado, que estou seguro de que coñecedes. Vamos a usalo para poñer a proba os vosos coñecementos sobre a clasificación das voces segundo sexa a súa ALTURA (soprano, mezzosoprano, contralro, tenor, barítono, baixo) e segundo as AGRUPACIÓNS VOCAIS (dúos, tríos, cuartetos, coro, orfeón, escolanía, voces graves). Nos vosos apuntes de clase no apartado "A VOZ" tedes información.
Si o Adobe Flash Player está bloqueado, dádelle a PERMITIR para ir ao xogo.

-Seguimos repasando e aprendendo linguaxe musical e instrumentos musicais a través do xogo de "pasapalabra musical", Moito ollo!!!, tedes que escribir con MAIÚSCULAS e porlle TIL ás palabras que o necesiten, para que a resposta sexa válida. Cada vez que escribades a resposta, dádelle a comprobar e se non a sabedes dádelle a saltar.

-Rematamos cantando a canción da regra dos tres "R" ecolóxicos (Reducir, Reutilizar e Reciclar) xa que este venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Non desaproveitamos a ocasión de colaborar na tarefa de coidar o noso planeta para asegurar agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san. A cantar!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas