16 de xuño de 2020

4º de Primaria

Bos días nenos e nenas, bos días familias!

A partir de hoxe xa non imos enviar tarefas para facer na casa.

Demostráchedes ser moi responsables e traballadores polo que quero felicitarvos e enviarvos todo o meu cariño.

Moitas grazas ás familias e todo o meu respecto pois estivéchedes como auténticas campeonas a pesar do difícil da situación.

Agora esperemos que chegue o bo tempo e poidades desfrutar da praia e sair a xogar, pasear e respirar aire fresco.

Non vos esquezades de ler moito, de escoitar música, de debuxar  e de facer manualidades.

Aínda que nós non volo mandemos podedes investigar de todo aquilo que vos pareza interesante e escribir nas vosas libretas as vosas investigacións. Xa demostráchedes que o sabedes facer moi ben.

Un achuchón moi grande e que o pasedes moi ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas