19 de maio de 2020

Levádenos de viaxe, 3º e 4º!

Estamos desexando ir de viaxe e desfrutar ao aire libre de todos os lugares singulares que ofrece Galicia.
Prontos poderemos saír da provincia e visitar os nosos lugares favoritos: dunas, castelos, ríos, furnas, faros, praias, montañas...
Convértete en guía turístico por un día e fainos a túa recomendación sobre o teu lugar favorito, para que vaiamos pasar o día. Estaremos felices coñecendo estupendos e novos lugares.
Debes elaborar un documento no que inclúas os seguintes datos:

  • Nome:
  • Localización:
  • Como chegar:
  • Distancia de Moaña:
  • Singularidade:
  • Imaxe:
  • Recomendado porque:
  • Gústame porque:
Aquí tedes un modelo feito polas profes Victoria e Gloria:

Podedes presentalo nunha cartolina ou en folios de cores e logo mandar foto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas