11 de maio de 2020

Facer un informe en 4º


Facer un informe é escribir os feitos e datos máis importantes sobre algún asunto ou actividade.

Hoxe escribiredes un informe. O tema será “Covid- 19”.

Os pasos que tedes que seguir son os seguintes:

1.- Comeza explicando sobre que tema vas informar.
2.- Continúa dicindo cando comezou.
3.- Investiga, pregunta e selecciona só o máis importante.
4.- Escribe de forma ordeada, sinxela e clara.
5.- Non copies a información. Escribe coas túas palabras o que realmente entendas.
6.- Emprega frases curtas facendo uso dos puntos.
7.- Ao final, se queres, podes engadir a túa opinión persoal.
8.- Non esquezas poñerlle título.

Despois de cada punto, revisa a frase que escribiches para asegurarte de que non pasaches a escribir en castelán. Aprobeita tamén para revisar as maiúsculas e o resto da ortografía.

A extensión será máximo de 1páxina . Cando lle saquedes a foto fixádevos se pode entenderse claramente e se pode verse ben, nese caso, enviádeo ao correo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas