13 de mar. de 2020

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, as clases e demais actividades académicas , xunto cos servizos de plan Madruga, comedor e actividades extraescolares, quedan suspendidas desde o luns 16 de marzo.
Desde o centro facemos un chamamento para extremar as medidas de precaución, hixiene e aillamento ditadas polas institucións sanitarias, colaborando así co mínimo espallamento da infección. 
O centro permanecerá aberto ata vindeiras recomendacións da Consellería, pregando que vos comuniquedes vía telefónica para calquera aclaración que precisedes.
PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA:
A partir das 12 h. do día de hoxe 13 de marzo e ata as 6 da tarde, as familias poden pasar polo centro para recoller material e tarefas para os cursos de 1º a 6º  de Primaria.
En canto ao seguimento das tarefas, o profesorado estará a disposición de cada titoría a través do seguinte correo electrónico:
segundocicloenquintela@gmail.com
A dirección

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas