5 de feb. de 2020

A visita de 4º a "Apreixo"

O pasado venres 31 de xaneiro a clase de cuarto fomos visitar o Centro de Día "Apreixo".
Chegamos ás 10:30 despois dun agradable paseo.
Cando chegamos saudamos a todas as persoas que nos estaban esperando con moita ilusión, tanta como tiñamos nós.
Cantamos e tocamos unha canción coa frauta. A canción falaba da Paz.
Despois estivemos falando con eles mentres faciamos dous preciosos murais e invitáronnos a merendar.
Foi unha mañá preciosa e todos os nenos e nenas recibimos moito cariño, foi unha vivencia realmente enriquecedora para todos, non queriamos marchar.
Gustaríanos felicitar a Sara , Sandra e Olga Rosales e a Sara Mariño, xunto co resto do equipo,  pola labor que realizan alí e darlle as grazas por deixarnos desfrutar desta experiencia. Un bico moi grande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas