Isto é o que contaron os nosos nenos e nenas da visita ao Concello.
Quedamos encantados- as!
O xoves día 6 de febreiro visitamos o Concello.
Baixamos a pé pola Miranda.
Ao chegar alí recibiunos Don Aldán.
A mariscadora é o símbolo de Moaña por iso está na entrada do Concello
Ensinounos estas áreas: Padrón, Rexistro, Información, a Policía Local, Arquivo Municipal,
No arquivo Municipal hai un documento con data de 1.842 Está escrito a man con tinta e pluma.
a Sala de Xuntanzas da policía, os calabozos,Urbanismo, Oficina de Información ao Consumidor, Muller e Igualdade, Normalización Lingüística, Cultura, Facenda, Deportes, Secretaría.
Cando rematamos entramos no despacho da alcaldesa Dona Leticia Santos onde nos recibiu xunto coa concelleira e concelleiros Dna. Marta Freire, D. Rodrigo Currás, D. Aldán Santamarina, D. Juan Manuel Parcero e D. Odilo Barreiro.
Alí puidemos facerlles as preguntas que elaboramos, tiñamos moitas ganas de que chegara esta momento. Foron moi amables e contestáronnos a elas.
Por último rematamos con D. Odilo no salón de plenos. Estivo explicándonos como se sentaban dependendo de que partido foran e como funcionaba un pleno.
Cando saímos merendamos no parque e de volta pasamos por Apreixo para saudalos e ver os muráis que fixeramos con eles. Foi un día moi interesante!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios