13 de feb. de 2020

3º visita un centro de día

O pasado martes, 4 de febreiro, a clase de 3º visitou o centro de día "Contigo" situado no Con. Ao chegar, unha traballadora do centro ensinounos as instalacións. Despois, nós contámoslles o conto titulado "Rosa Caramelo" e  cantamos dúas cantigas moi curtas. O público aplaudiu moito. A continuación, un traballador do centro fixo de enlace entre nós e as persoas maiores e propuxo facer un xogo de mímica e sons moi divertido no que participamos de un en un. Como despedida invitáronnos a merendar.
Gustounos moito facer esta visita. Foi unha sensación de benestar e felicidade compartir tempo coas persoas maiores.
Ah! Como a pista de "half" está en fronte pasamos un rato xogando.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas