28 de xan. de 2020

En 4º fixemos aceite de caléndula.



   A semana pasada visitounos María Carrasco para ensinarnos a facer aceite de caléndula.


  Troúxonos pétalos de caléndula e aceite. Díxonos que o mellor aceite era o de xirasol prensado en frío porque é o que mellor extrae as propiedadees da caléndula.

   O proceso que seguimos foi:

primeiro botamos os pétalos de caléndula nunha bandexa.


Despois botamos os pétalos dentro dun bote de cristal.


A continuación botamos lentamente o aceite cubrindo todos os pétalos.


Por último o tapamos e o envolvemos nun xornal.


Díxonos que o deixásemos fóra durante corenta lúas e corenta soles.

Pasado ese tempo hai que colalo cunha tea ou cun coador.

   Este aceite é moi beneficioso para a pel.     Gracias María!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas