29 de nov. de 2019

Meteoquintela en 3º

A clase de 3º foi visitar a estación meteorolóxica do cole. Vimos a caseta meteorolóxica co termómetro e o pluviómetro. Despois fomos ver a pizarra cos datos do día recollidos polo alumnado de 6º e 5º. A continuación, volvemos á nosa aula e traballamos en grupos observando as plantillas dos datos e fixándonos no día que máis choveu en cada semana do mes de outubro. Seguimos, anotando na libreta de sociais o día que máis choveu do mes dentro do apartado dedicado ao proxecto METEOQUINTELA. Por último, pasamos a información á plantilla que temos para informar ao resto do cole e que espoñemos no corredor cos demais traballos de cada mes.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas