29 de maio de 2019

O teatro en 4º

Todos os anos a 4º tócalle facer teatro no Festival das Letras Galegas. Dedicamos moito tempo a aprender a ser actrices e actores para subirnos ao escenario sen moitos nervios. Pensamos que o fixemos moi ben porque tamén traballamos bastante. 
Despois das dúas representacións  veu o momento da reflexión sobre todo o proceso de aprendizaxe. Fixemos unha posta en común e elaboramos un guión no caderno.


GUIÓN DO PROCESO DA REPRESENTACIÓN TEATRAL
  • Presentar a obra de teatro e lectura da mesma.
  • Elixir o personaxe.
  • Aprender o papel.
  • Ensaiar moito.
  • Preparar o atrezo.
  • Ensaiar con todo o atrezo e decorado.
  • Actuar para todo o cole e as familias.
  • Celebrar a estrea cunha supermerenda de bocatas.

A continuación vai a información concreta sobre a obra traballada.

Título: " A outra historia de Carrapuchiña Vermella "
Autor: José Luis  Marqués
Elenco

Carrapuchiña: Ana
Lobo: Gael
Nai: Lorea
Avoa: Marina
Criada: Mía
Mordomo: Marta
Narradoras/es: Xavi, Rafa, Alba Teresa, Eder, Fernando, Alba Millón, Adrián López, Adrián Márquez,  Rocío e Claudia.
Cazadoras/es: Óscar, Mateo Barcia, Naya, Luca, Gabriel, Alba Varela e Mateo Pidre

Lugar: Centro Cultural Daniel Castelao
Días e horario:
Mércores 22 de maio pola mañá( arredor das 12:30 )
Mércores 22 de maio pola tarde ( arredor das 5 menos cuarto )

Argumento: esta obra está relacionada con Carrapuchiña Vermella e  co lobo; pero, non é a historia que coñecedes. Nesta historia Carrapuchiña e a avoa non estarán tan indefensas e por outra parte,  o lobo si que estará indefenso.

Opinión:




Fotos dalgún ensaio










Fotos da representación









Ata outra!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas