11 de xan. de 2019

4º visita o Concello

O pasado xoves 10 de xaneiro a clase de 4º visitou o Concello de Moaña. Ao chegar recibiunos un concelleiro que fixo de guía e que se chama Odilo.
Primeiro falou das zonas que hai en cada andar. Na planta baixa están, entre outras, o rexistro e a policía local. Baixamos ao soto e vimos o arquivo, os calabozos, o garaxe e os obxectos perdidos.
Despois subimos ao 2º andar onde están as oficinas de cultura e servizos soiais. Saudamos a María, a coordinadora cultural, porque moitos a coñecemos.
Por último, chegamos ao 1º andar e entramos na Alcaldía e no Salón de Plenos. Coñecemos a alcaldesa e a tenente da alcaldesa. Unha das peticións que fixemos acabou sendo unha solicitude que presentamos no Rexistro: 
Pedimos que haxa máis pasos de peóns  na Avenida de Marín.
Esperamos poder conseguilo; aínda que a tenente da alcaldesa nos dixo que era a Xunta a encargada desa avenida, pero que lle mandarían a nosa petición.
As fotos mostran a nosa presenza no salón de plenos coma se foramos concelleiros e concelleiras, alcaldesa  e público. 







GRAZAS   POR  ATENDERNOS!!!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas