20 de maio de 2017

Aprendemos primeiros auxilios

Lembrades que na clase de cuarto estamos moi interesados na Cruz Vermella? Fomos investigando e buscando información, e por último escribímoslle á Cruz Vermella de Pontevedra, para pedirlles que viñeran ensinarnos Primeiros auxilios.
 En resposta ás nosas peticións, o martes recibimos a visita de Catuxa, voluntaria da Cruz Vermella de Pontevedra. Ensinounos a desenvolvernos en caso de accidentes, e como facer para axudar a alguén que estea ferido, inconsciente,...: Protexer, Avisar, Socorrer. Tamén sabemos como realizar unha chamada ao 112 e que datos hai que dar cando chamemos.
Xa sabemos un montón de cousas!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas