20 de abr. de 2016

En cuarto curso andamos moi ocupados.

 Os nenos e nenas de cuarto curso estamos preparando unha obra de teatro para o festival das Letras Galegas. Facemos castings para os papeis porque somos moitos. É moi divertido!.

Co auxiliar de conversa, Douglas, estamos facendo un traballo sobre os estados de Estados Unidos para aprender do seu país.

Na clase de Educación Física estamos aprendendo a xogar á petanca. Que divertido!.En 3º curso tamén xogamos, e a ver se refrescamos a memoria.

Temos unha brigada de limpeza do patio Imos de dous en dous. Aos de cuarto tócanos os martes e xoves. Estámolo facendo porque estase vendo que os nenos e nenas tiran o lixo ao chan.

Na clase  fixemos un traballo para Meteoquintela. Preparamos unas presentación de diapositivas, pero todas eran tan bonitas que a profe fixo unha mesturando as de todos para poder gravar con nós diante. A gravación fixémola na biblioteca e na clase.

Por fin plantamos leitugas no horto escolar. Unha para cada un
.
Estamos preparando un conto co kamishibai. O luns empezamos! Imos contarllo aos nenos e nenas de Infantil
(Textos do alumnado)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas