O XIGANTE E A PULGA
Érase unha vez unha pulga que sempre andaba a picar a un xigante.
Un día, o xigante cansouse e preparoulle unha trampa. A trampa consistía en debuxar un xigante nun papel e así a pulga picaríalle ao debuxo e o xigante aproveitaría para atrapar á pulga na súa man. Pero, ela picoulle e foise esconder debaixo dun montón de chícharos.
Ao final, o xigante comeu os chícharos e a pulga quedou nun dos dentes do xigante. Cando este estaba durmindo saíu a pulga e picoulle nun ollo. Dende entón, o xigante tenlle medo ás pulgas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios