Os nenos e nenas de 4º preparamos o conto de Elmer para contarlle co kamishibai aos máis pequenos do cole.
Levounos moito tempo facer as ilustracións, porque había que facer moitos elefantes, pero quedóunos moi ben.
O mércores Sara, Daniel e Rodrigo contáronlle o conto aos pequenos de 6º de Infantil. Alí está Silvia, a irmá de Daniel, que escoitou ao seu irmá con moita atención.
Pero ademáis os de 4º explicáronlle aos pequenos onde están os seus libros, e como gardalos ben na biblioteca. Logo puxéronlle "deberes": gardar ben os libros que lles deron.
Os encargados de explicar foron: Yoly, Rubén, Rodrigo, Alex e Óscar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios