A semana pasada Yoel amosounos dous inventos que fixo coa axuda da súa familia. O primeiro deles é un muíño de vento e o segundo é un tirapedras. Para o muíño de vento precisou moita axuda por parte do seu pai. Quedáronlle moi ben feitiños.
Marcial tamén nos quixo amosar o seu invento: unha panca e Ainhoa tróuxonos o seu muíño de vento.
Leti tamén nos explicou como funciona o seu tirapapeis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios