23 de nov. de 2010

Zari, a cadela guía

O outro dia veu unha moza cega coa súa cadela guía ao cole, e contounos como convive coa cadela.
Díxonos que si vemos a alguén con un can guía, hai que pedirlle permiso ao dono para acariñalo. Tamén nos contou que estos cans están moi limpos porque teñen que ir ao súper. O can chámase Zari.
Zari vai moito ao veterinario e tamén vai a peluquería e ao dentista.
Candela 4º curso
Hoxe visitounos na escola unha moza con problemas de vista. Tiña unha cadela guía.
Fomos á biblioteca, e escoitamos varias cousas:
Como a adiestraban, canto tempo tardou en adaptarse a ela, e que cando leva o arnés, quere dicir que está traballando.
Ao final deixounos acariciala.
Aarón 4º curso
O luns veu ao cole unha rapaza con problemas de visión, coa súa cadela guía.
A dona chámase Susana, e a cadela Zari.
Susana explicounos moitas cousas:
Que a cadela tiña 4 anos, e levaba 3 anos con ela, porque o 1º ano todos os cans guía teñen que ir á escola.
E o final acaricíamola.
Óscar 4º curso

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas