12 de maio de 2010

Recibimos visita


Onte foi un día moi especial. Viñeron os nenos e nenas do cole de Brea Segade en Taragoña (Rianxo). Viñeron pola maña, e marcharon as catro da tarde. Primeiro visitaron Moaña, e logo subiron ao noso cole. Nos presentamos, e logo ensinamoslle o cole: a biblioteca, a aula Tic, o ximnasio,..logo os nenos e nenas dos dous coles comemos xuntos, nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º. Os de terceiro comemos en dúas aulas, mezclados, porque eramos moitos.
Logo regalamoslle unhas camisetas e despois fomos ao patio e tivemos xogos: carreiras de sacos, xogos de auga, coas mazás, cos carozos,coas pernas atadas..foi moi divertido,

Un pouco antes das catro marcharon, e nós ordenamos as clases. O dia 28 iremos nós alá. Temos moitas gañas de ir!!

As profes están preparando un vídeo coas fotos. Mentras queda aquí unha moi chula de Candela de 3ºcon unha nena de Taragoña.Xuntas quedaron campionas da carreire de ovos con culler.
P.D.:
As profes dixeronnos que nos portaramos moi ben.

1 comentario:

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas