A semana pasada xuntámonos os de terceiro de Primaria cos de 6º de Infantil para intercambiar información sobre os golfiños, xa que eles tamén estiveron investigando .
Eles contarónnos como leran nun libro que algúns golfiños saltaban ata 6 metros. Entón ensináronnos como mediran 6 metros no chan cunha regra grande dun metro e un xiz, e pegaron anacos de papel ata xuntar 6 metros. (Grazas a iso descubrimos que a nosa aula mide 6 metros e 50 centímetros de ancho)
Despois fomos ver ás escaleiras do cole canto era iso. Quedamos impresionados do que saltan.
Logo, nós explicámoslles que os mamíferos marinos nadan dando impulsos de arriba abaixo e a súa aleta caudal é horizontal (as baleas, os golfiños). En cambio, os peixes nadan de lado a lado e teñen a aleta caudal vertical ( os tiburóns).
E contámoslles o noso gran descubrimento: a balea do paseo do Con de Moaña ten a aleta mal feita. Discutimos moito se sería que o autor quería facela así ou non sabía como eran,..
Algúns nenos dicían que os artistas non son científicos e poden cambiar as cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios