A nosa profe tróuxonos marmelo caseiro. Estaba moi rico. Esta é a receita:
Esta é a receita do marmelo:
DOCE DE MARMELO
INGREDIENTES:
Marmelos.
Azucre. (8oogr. Por quilo de marmelo).
Zume de limón. ( o zume dun limón por quilo de marmelo).
Canela . ( Un pau de canela)
PREPARACIÓN:
Lávanse os marmelos e sécanse ben para quitarlles o pelo, logo, sen pelalos, quítaselles o corazón e as sementes , córtanse en láminas pequenas e póñense na tarteira onde se van cocer, cúbrense co azucre e déixase repousar 24 horas remexéndoos de vez en cando.

Pasadas as 24 horas cócense a lume normal durante unha hora remexendo de vez en cando, cando xa ten cor de cocido bátese coa batedora e ponse no lume outro pouco remexendo sen parar para que non se pegue e axiña se bota nos moldes e se deixa arrefriar. (os tempos de cocción son aproximados).
Bo proveito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios