Segundo ciclo en Quintela
3º e 4º de Primaria
9 de nov. de 2026
CANDO CHEGA A NOITE...
28 de out. de 2026
COMEZA O NOSO PROXECTO...
Polo Día das Bibliotecas Escolares vivimos un día moi especial na biblioteca de Quintela. Paco, a nosa mascota, preparounos unha sorpresa para dar comezo ao noso novo proxecto: "Cando chega a noite...".
Os nenos e nenas puideron gozar dun momento moi especial lendo contos á luz das lanternas, descubrindo que a biblioteca tamén pode ser un lugar máxico cando cae a noite.
Pasámolo xenial e gozamos moitísimo desta experiencia tan diferente e divertida!
E isto non fixo máis que comezar… Cantas aventuras nos agardan cando chega a noite!
26 de out. de 2026
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Polo Día das Bibliotecas Escolares, Paco, a nosa mascota, preparou a biblioteca para dar comezo ao noso novo proxecto: «De noite».
Neste vídeo podemos ver como quedou preparada a biblioteca para que, durante a xornada de hoxe, os nenos e nenas puidesen achegarse aos novos contos e descubrir todo o que agocha a noite.
E isto non fixo máis que comezar… A noite acaba de chegar a Quintela!
25 de out. de 2026
Saída á Xunqueira
A comezos de outubro o alumnado de 3º e 4º de primaria realizou unha saída á praia da Xunqueira para levar a cabo varias actividades relacionadas co medio ambiente.
Esta actividade está organizada polo Club de remo de Meira que conta coa colaboración da asociación "A illa dos ratos" para impartir as charlas.
Óscar e Lu faláronlles ao alumnado sobre:
- A importancia de reducir o consumo de plásticos para que non acaben no mar e fagan dano á fauna mariña.
- O coidado das nosas praias e a biodiversidade das nosas costas, unindo o amor polo deporte do remo coa conservación da ría.
24 de out. de 2026
Conto inicial en 3º
O primeiro día de clase escoitamos un conto moi fermoso titulado Crictor.
Fixemos unha ficha de lectura e uns debuxos moi chulos.
23 de out. de 2026
22 de out. de 2026
Saúdo inicial de 3º
Somos a clase de 3º e dámosvos a benvida ao noso blog.
Estamos vivindo unha nova experiencia neste curso con moita ilusión.
Seguro que faremos traballos moi interesantes.
Animádevos a seguir o noso blog!
Benvidos 4º
Bos días a tod@s!!!
Hoxe comenzamos unha nova andaina no cole. XA ESTAMOS EN CUARTO!!!
Inaguramos este novo curso co conto "Cousiña linda" que trata sobre o valor da amizade.
Esperamos que vos gusten todas as actividades que imos facer.
Unha aperta
19 de out. de 2026
Remo en 4º e 5º de primaria
Grazas á S.D. Samertolameu de Meira por vir ensinarnos tanto sobre este deporte tan marabilloso e tan afincado no noso concello.
18 de xuño de 2026
Obradoiro de froitas
16 de xuño de 2026
Intercentros para 4º de primaria
Que ben o pasamos xogando ao Datchball, ao béisbol e ao volei praia na xornada de convivencia que tivemos co alumnado de 4º de primaria do cole de Tirán.
Xogade. Balonmán para 4º de primaria
A semana pasada tivemos unha xornada de balonmán enmarcada dentro do programa XOGADE. Desprazámonos ata o pavillón de Romarigo para facer mini partidos de Datchball, Touchball e mini balonmán.
Pasámolo moi ben.
5 de xuño de 2026
Trípticos Comunidades Autónomas en 4º
4 de xuño de 2026
Os bechos
A alumnado de 3° estivo aprendendo sobre os bechos e así quedou reflexado nos libros que elaboraron e colocaron nunha mesa expositora. Tamén nos dan a opción de ver os traballos dixitalizados escaneando o código QR que aparece nos trípticos que fixeron.
Un traballo excelente!
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

















































