26 de mar. de 2026

As familias contan

Hoxe tivemos unha visita moi especial: a nai de Mario de terceiro veu a contarnos un conto... Titúlase " Yo mataré mounstros por ti" e é moi especial para toda a súa familia. Falanos dos nosos medos e de como podemos superalos... Foi un auténtico pracer escoitar a súa voz. Moitas grazas Jeni.

Día da poesía

Que fermosos os poemas e as flores que intercambiaron os canciños cos seus padriños e madriñas lectores de 4º de primaria....

25 de mar. de 2026

Xogade. Atletismo en pista

 Onte, o alumnado de 4° participou, xunto con outros coles nunha xornada de atletismo nas pistas da Xunqueira.

Fixeron probas de velocidade, resistencia, salto de lonxitude, lanzamento de peso e lanzamento de vórtex.

Pasáronno moi ben!

Parabéns pola vosa excelente actuación!


Te quiero tanto

Comezamos coas lecturas en familia:

Hoxe aprendemos a importancia da constancia e do esforzo grazas ao conto que nos relatou María.

Moitas grazas por compartir este bonito libro con nós!




23 de mar. de 2026

Día da poesía 2026

Hoxe, o alumnado de terceiro, celebramos o día da poesía xunto aos nosos afillad@s lectores. Recitamos poemas e despois fixemonos un intercambio de agasallos...un poema e unha flor. Estamos encantados de pasar tempo con eles e elas... Pasámolo xenial!!!

13 de mar. de 2026

Día da muller traballadora

 Esta semana estivemos realizando diversas actividades con motivo do Día da muller traballladora

Entre elas destacamos a visita de Ana Belén Barragáns, nai da Alicia, a nosa compañeira de terceiro. Ela é enxeñeira en telecomunicacións e contounos moitas cousas interesantes do seu traballo.

Ademáis, o alumnado de terceiro realizou unha saída acompañados coa asociación A Illa dos Ratos para coñecer ás rúas da nosa vila con nome de muller: Concepción Arenal, Cándida Lago, Constantina Pena, etc.

Visitamos tamén a Asociación de mulleres onde nos informaron da súa labor na vila.

Pasámolo moi ben.







12 de mar. de 2026

Xogade. Intercentros para 3º de primaria

 Hoxe contamos coa visita do alumnado de 3º de primaria do CEIP Tirán, que viñeron compartir unha xornada de convivencia co noso alumnado de 3º.

Pasámolo moi ben xogando ao datchball, ao brilé e a atrapa a bandeira.

Grazas Tirán por vir visitarnos.

5 de mar. de 2026

XOGADE. Atletismo en pista

O alumnado de 4° tivo dúas sesións de atletismo nas que Aarón (entrenador da S.D. Samertolameu de atletismo) traballou coa clase a velocidade, o salto de lonxitude, as remudas, o lanzamento de peso e o lanzamento de vórtex.

 Grazas Aarón por prepararnos para cando participemos na xornada de convivencia.




25 de feb. de 2026

Charla da vespa velutina

 Hoxe, na clase de terceiro, tivemos unha charla moi interesante sobre como facer e onde colocar 

trampas para velutinas.



22 de feb. de 2026

ENTERRO DA XOUBIÑA

Grazas a ANPA pola súa dedicación e implicación un ano máis nesta celebración, facendo posible unha xornada chea de alegría e convivencia. Grazas tamén a todas as familias pola súa participación. Entre todos e todas conseguimos crear momentos especiais que fortalecen a nosa comunidade educativa.


21 de feb. de 2026

Coplas do entroido

 Parabéns a todas e todos! Fermosa actuación!


20 de feb. de 2026

Obradoiro de disfraces

 O pasado venres, fixemos un obradoiro de disfraces na biblioteca. Un éxito total!

12 de feb. de 2026

Makey Makey na clase de lingua

 As nenas e nenos de 4º de primaria elaboraron un cómic e, coas Makey Makey estamos aprendendo a programar para que en cada viñeta se reproduza a nosa voz.

Gústanos moito!


10 de feb. de 2026

9 de feb. de 2026

5 de feb. de 2026

Xuntanza con Afamo en 4º

Este martes, día 3 de febreiro, tivemos a sorte de recibir no noso cole a algúns membros de Afamo que nos falaron de xogos tradicionais da súa época e de moitas outras cousas.
lembraron para todos nós o carretón, o bombón, a carraca e moitos máis xogos.
Foi xenial escoitar as explicacións que nos deu Xabier Blanco acompañado de Aurora, Benigno, Carmen, Choncha, Dolores e Dora.
Queremos agradecer a todos eles e tamén ao concello de Moaña esta iniciativa chamada "Encontros interxeracionais para contar" onde podemos compartir vivencias, sorrisos, historias entre a rapazada e os nosos maiores.
Foi un pracer gozar  deses momentos todos xuntos!
 

2 de feb. de 2026

Estacións de aprendizaxe en 3º e 4º

 O xoves pasado o alumnado de 3º e 4º tivemos estacións de aprendizaxe na biblio.

Houbo actividades para todos os gustos: xogos de construción, cálculo mental, adiviñas, comprensión lectora...

Resultou unha mañá moi aproveitada onde a colaboración foi fundamental.

1 de feb. de 2026

Día da Paz

 O día 30 de Xaneiro é o Día da Paz. No cole fixemos unha actividade na que cada persoa, cunha peza de puzle ofrecía e pedía axuda con algo. A continuación, buscaban aquela persoa coa que encaixar a súa peza. O alumnado de 6º de primaria cantou unha canción conmemorativa deste día acompañados á guitarra polo profe Txelu.

Foi moi emotivo.


23 de xan. de 2026

A horta de 3º e 4º

 Que fermosas as cenorias, as berenxenas, os tomates, as uvas... que fixeron as nenas e nenos de 3º e 4º para decorar o cole!

22 de xan. de 2026

Obradoiros de escrita en 4º

Nas clases de lingua galega estivemos traballando os obradoiros de escrita. 
Aprendemos a facer anuncios, descricións, receitas e noticias. 
As noticias disparatadas foron as que máis gustaron.

 

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas