21 de abr. de 2020

Xeografía en 3º

Seguimos repasando Xeografía.

Esta semana investigaremos sobre os monumentos máis importantes do mundo.
Deberás buscar información sobre o seguintes monumentos:
- O Taj Mahal
- A Ópera de Sidney

1. No teu caderno, con letras bonitas e grandes,  anotarás a seguinte información:
  • Nome
  •  País onde se localiza
  •  Continente
  •  Foi construído para....
  •  Curiosidades (unha ou dúas, sobre o tamaño, materiais ou algunha anécdota).
2. Buscarás unha foto de cada un dos monumentos e gardarala no teu ordenador. Se tés algún programa de edición de fotos (Paint, PicCollage,...) , podes escribir o nome  e enviala ao correo da titora, xunto coa foto do teu traballo no caderno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios