27 de xan. de 2018

Paseo polas esculturas de Moaña

O martes 23 de xaneiro a clase de 3º foi ver as esculturas que hai ao aire libre polo paseo e o Rosal.Esta é unha actividade que forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino de Moaña
O pintor e escultor moañés Lito Portela guiou o noso paseo parando en cada escultura e falándonos  delas. Coñecemos as distintas maneiras de facer esculturas. Descubrimos de que material están feitas. Decatámonos da cantidade de esculturas que hai. Recibimos moita información.
Ao final, Lito fíxonos un retrato na libreta que levabamos a cada neno ou nena que llo pediu e tamén puxo a súa sinatura nun papel, nun brazo,...
Pasámolo moi ben e non nos importaría repetir.

Moitas grazas Lito!!!

Anécdota: vimos as mariscadoras camiño do seu traballo e sentámonos no muro a velas e a presidenta da asociación veu  saudarnos. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas